|
O Porto Deportivo conta con 436 amarres, repartidos en 12 peiraos de amarre. Esta é a distribución de prazas:
| TIPO |
SUPERFICIE (METROS) |
nº amarres |
| A |
6 x 2,5 m. |
72 |
| A' |
7 x 2,7 m. |
12 |
| B |
8 x 3 m. |
97 |
| B' |
8 x 3,3 m. |
7 |
| B" |
9 x 3,3 m. |
39 |
| C |
10 x 3,5 m. |
100 |
| D |
12 x 4 m. |
67 |
| E |
15 x 4,5 m. |
13 |
| F |
18 x 5 m. |
5 |
| G |
22 x 6 m. |
1 |
Descárgate o formulario de solicitude da tarxeta do peirao
Descárgate o formulario de solicitude da tarxeta do aparcadoiro
Aparcadoiros: O porto dispón de dúas zonas de aparcadoiros xunto aos peiraos. O acceso a estes é controlado por tarxeta magnética.
A primeira zona encóntrase xunto ao edificio do Club no peirao Oeste e a segunda no peirao Leste do Porto, xunto ao peirao comercial do Porto de Vigo.
Varadoiro: O varadoiro conta con capacidade para 30 embarcacións. Como medios mecánicos dispón dun Travel Lift de 32 toneladas e unha grúa de 3 toneladas.
Estación de servizo: Para a subministración de combustible o porto dispón dun surtidor de gasolina e outro de gasóleo. Así mesmo os usuarios poden comprar lubricantes e outros produtos para as súas embarcacións.
Seguridade: O porto encóntrase vixiado as 24 h do día a través dun sistema de vídeo vixilancia. Así mesmo conta con control de acceso aos peiraos mediante tarxeta magnética.
Duchas e vestiarios: Son 8 duchas e tres aseos situados na primeira planta do edificio da capitanía.
|