O Porto Deportivo do Real Club Náutico de Vigo áchase situado no mesmo centro da cidade, nos mesmos peiraos que o Edificio Social. Amarrando nos seus peiraos teremos ao noso alcance todo o que unha gran cidade pode ofrecernos, especialmente no referente a comercios, servizos, transportes e comunicacións con aeroporto, ferrocarril e autoestradas incluídos.
O Porto Deportivo do R.C.N de Vigo é o máis importante de toda Galicia. Trátase dunha completa mariña, que ademais das instalacións portuarias propiamente ditas, conta cun bo varadoiro.
O Real Club Náutico de Vigo ofrece importantes bonificacións aos seus socios no uso dos servizos do Porto Deportivo, entre outras unha rebaixa do 35% nos alugueres de amarres e un 50% nos movementos do Travel Lift.
EL NÁUTICO DE VIGO IZA LA BANDERA AZUL EN SU PUERTO DEPORTIVO
|