ESPAÑOL
GALEGO
ACCESO SOCIOS
Presentación| Servicios| Tarifas| Instalaciones| Contacto| Localización
Encha os campos deste formulario para solicitar a súa tarxeta de titular de aparcadoiro:
*Titular
  6€ fixo variable
*Tarxeta Nº
*Plaza
*Matrícula(s)
* Campos obrigatorios
  Lin e acepto os termos do Aviso legal
 

A posesión da tarxeta autoriza o seu titular a aparcar nos sitios designados para iso no recinto do Porto Deportivo do Real Club Nautico de Vigo baixo as seguintes condicións de uso:

1. Para ACCEDER Á TARXETA é necesario cumprir algunhas das condicións seguintes:

a) Ser titular de praza e estar ao corrente de pagamento das cotas correspondentes.

b) Ter arrendada algunha praza xestionada polo Porto, ben pertencente a un titular ou ben pertencente ao Club, e estar ao corrente dos correspondentes pagamentos.

c) Ter unha empresa relacionada coa náutica e que poidan prestar servizos no Porto Deportivo baixo o criterio da Dirección do Porto.

d) As tarxetas destinadas a profesionais ou non usuarios do Porto serán restrinxidas segundo os criterios que estableza a Xunta Directiva.

O incumprimento dalgunha das condicións anteriores leva consigo a perda do dereito de uso da tarxeta.


2. A posesión da tarxeta autoriza soamente a entrada dun vehículo, non permitindo máis entradas con esta mentres o devandito vehículo permaneza no interior das instalacións.

A Dirección do Porto resérvase a retirada da tarxeta se se observa un uso abusivo na súa utilización.

No caso dos profesionais ou empresas só está permitido o seu uso cando se vaia realizar algún servizo ao porto e sempre por vehículos profesionais, non podendo, salvo en casos excepcionais, utilizar esta a partir das 07:00 do sábado ata as 07:00 do luns.


3. Débense usar para aparcar soamente os espazos designados para iso e cando estean cheos podrÁn prohibirse a entrada destes.

Recorde que o incumprimento das normas anteriores pode poñer en perigo a seguridade das embarcacións e que, de acordo co Regulamento de Explotación e Policía, o mal uso da tarxeta poderá sancionarse coa suspensión de servizos que a dirección do Porto Deportivo estime oportuna.


4. O custo da tarxeta serÁ o seguinte:

Titulares/inquilinos/Profesionais

Tarifa Fixa mes: 6 euros

Tarifa diúrna 7 a 24 horas: 0,70 euros día (10 días bonificados)

Tarifa nocturna 0 a 7 horas: 1,00 euros día (0 días bonificados)

Impostos incluídos


5. A tarxeta ten validez mensual, sendo posible a súa renovación automÁtica agás previa comunicación contraria.






 


As Avenidas, S/N  |  C.P. 36202 - Vigo  |  Apdo.:1554
Tel.: 986 447 441  |  Fax: 986 449 697
E-mail: info@rcnauticovigo.com