ESPAÑOL
GALEGO
Puerto con Bandera Azul
Historia|Xunta Directiva|Estatutos e Regulamentos|Asembleas|Memoria Anual de Actividades
Clubes con Convenio de Reciprocidade|Patrocinadores|Instalacións|Faite Socio|Localización
Organigrama

1906

O 17 de abril fúndase o Real Club Náutico de Vigo coa ilusión principal dos seus fundadores de aglutinar os deportes náuticos na cidade. A filosofía daqueles deportistas de principios de século era que unha cidade como Vigo, que vivía do mar e cara ao mar, esixía e merecía ter un Club Náutico. E así naceu.

O título de Real. O seu primeiro Presidente foi D. Antonio Conde quen ofreceu a S.M. O Rei Alfonso XIII a Presidencia de Honra do novo Club Náutico de Vigo. O 7 de Agosto daquel mesmo ano, S.M. O Rei aceptou.


1926 a 1929

O Klosofic. Durante estes tres anos a sede do Náutico era un gran barco de tres paus e 800 toneladas de rexistro, chamado Klosofic, fondeado fronte ao peirao actual. Nas súas cubertas celebrábanse festas de alto nivel social, e nas adegas gardábanse as embarcacións.


1930

Os deportes de Remo, Vela e Natación foron os máis destacados históricamente, en especial dende o ano 1930 cando se funda o Club Marítimo, situado no mesmo peirao, a escasos metros da sede do Real Club Náutico. Ambos clubs conxuntamente, organizaron numerosas e importantes actividades deportivas.


1945

Edificio Social. O actual Edificio Social inaugúrase o 4 de agosto, e pasa a formar parte do horizonte da cidade. Situado ao lado do mar, na zona do centro de Vigo, con amplas zonas abertas e axardinadas ideais para paseo e faladoiro, incluídas as grandes terrazas nas cafeterías do contorno. Trala a inauguración de tan señorial edificio, a actividade social, deportiva e cultural toma un relevo extraordinario.


1967

Piscina. O Real Club Náutico abre a súa Piscina Cuberta Climatizada, a primeira de Galicia. Foi inaugurado polo Delegado Nacional de Deportes de entón, que despois sería Presidente do Comité Olímpico Internacional, D. Juan Antonio Samaranch Torelló.

A nova piscina dá un enorme impulso ao deporte de Natación e Wáter-Polo no Club permitindo aos deportistas adestrarse todo o ano.


1987

Los Abetos. No ano 1987 o Real Club Náutico amplía as súas instalacións ao comprar o antigo Club chamado Los Abetos no Concello de Nigrán. Incorpóranse así ao patrimonio do Club unhas instalacións deportivas de 60.000 m² situadas nun fermoso ámbito con marabillosos horizontes sobre a Ría de Vigo.


2006-Actualidad

Capitalización. Tras a celebración do Centenario do Club, en 2007 culmina o proceso do plan de Capitalización. A creación dunha Sociedade Anónima paralela e o apoio de máis de 3500 socios que adquiriron unha acción nominal desta, conseguiu eliminar a débeda histórica acumulada con Caixanova, cuxa amortización e intereses supoñía un grave lastre económico para o Club.

Renóvanse as instalacións de Los Abetos: novas pistas de pádel, de tenis, unha pista multideporte e novos parques infantís. Mentres que en Vigo se modernizou o ximnasio, inaugurando terrazas, sauna, baño turco e a zona de saúde.

Calidade. En outubro de 2008 o Náutico de Vigo convértese no primeiro Club Náutico de Galicia en obter o sistema de xestión integrado de calidade e medioambiente.




Escolas Deportivas. En 2008 redeséńanse as escolas. A profesionalización de adestradores e monitores e a reestruturación de cada ciclo conseguirán potenciar o desenvolvemento persoal e deportivo dos seus alumnos mediante a práctica deportiva en grupo. Un total de 3200 alumnos teñen cabida nestas Escolas Deportivas. Ao longo de toda a súa existencia o Real Club Náutico de Vigo foi reforzando a súa actividade deportiva, social e cultural, converténdose nun importante referente deportivo: A Xunta de Galicia vén premiando fai longos anos ó Náutico de Vigo como Mellor Club de Galicia en deportes como Vela, Remo e Natación, e mesmo tenis durante os últimos tempos. O Club organiza competicións deportivas de alto nivel, de carácter nacional e internacional. Ano a ano os deportistas do Club estiveron presentes nas Seleccións Nacionais Deportivas, para participar en Campionatos do Mundo ou Regatas Internacionais do máis alto prestixio. Na actualidade o Real Club Náutico de Vigo conta actualmente con 9.000 socios, que gozan de pertencer a un Club que constitúe o axente náutico deportivo e social máis importante da cidade.

Ao longo de toda a súa existencia o Real Club Náutico de Vigo foi reforzando a súa actividade deportiva, social e cultural, converténdose nun importante referente deportivo:

A Xunta de Galicia vén premiando fai longos anos ó Náutico de Vigo como Mellor Club de Galicia en deportes como Vela, Remo e Natación, e mesmo tenis durante os últimos tempos.

O Club organiza competicións deportivas de alto nivel, de carácter nacional e internacional.

Ano a ano os deportistas do Club estiveron presentes nas Seleccións Nacionais Deportivas, para participar en Campionatos do Mundo ou Regatas Internacionais do máis alto prestixio.

Na actualidade o Real Club Náutico de Vigo conta con 9.000 socios, que gozan de pertencer a un Club que constitúe o axente náutico deportivo e social máis importante da cidade.



 


As Avenidas, S/N  |  C.P. 36202 - Vigo  |  Apdo.:1554
Tel.: 986 447 441  |  Fax: 986 449 697
E-mail: info@rcnauticovigo.com