PRIMEIRA BANDEIRA AZUL PARA UN PORTO DA RÍA DE VIGO
O NÁUTICO DE VIGO IZA A BANDERA AZUL NO SEU PORTO DEPORTIVO
A cidade de Vigo obtén así a primeira Bandeira Azul para un porto deportivo da súa Ría. A pesar da dificultade que supón a súa situación en plena zona industrial, o porto de Vigo conseguiu reunir as condicións esixidas.
A concesión baséase no cumprimento de 23 aspectos en relación a Información e Educación Ambiental, Xestión do Medio Ambiente, Seguridade e Servizos e Calidade da Auga.
A cidade de Vigo xa conta coa primeira bandeira azul que concédese a un porto deportivo da súa Ría. O Náutico de Vigo recibía o pasado mes de xullo de 2009 a Bandeira Azul para o seu porto deportivo, despois de realizar un extraordinario esforzo durante os últimos meses, superando as dificultades propias dunha situación case industrial, conseguindo finalmente reunir as condicións esixidas e dotando a Vigo dun novo sinal de calidade na súa costa.
O Náutico de Vigo desenvolvía este proxecto tras recibir, en outubro de 2008, as certificacións ISO 9001 e ISO 14001 converténdose no primeiro club náutico galego en posuír un sistema de xestión integrado de medio ambiente e de calidade. A pesar da importante vantaxe que supuxo contar con estas certificacións, o equipo técnico do Club atopouse con numerosos obstáculos derivados da situación do porto deportivo nunha cidade de gran actividade industrial como é Vigo.
Sen embargo, un exhaustivo proceso de mellora conseguía obter os 23 aspectos esixidos, en relación a Información e Educación Ambiental, Xestión do Medio Ambiente, Seguridade e Servizos e Calidade da Auga.
Entre as melloras que ha experimentado o porto deportivo do Náutico atópanse, a existencia dun punto limpo, un exhaustivo control de residuos, sistema de seguridade…
Así mesmo, con parte do programa de relación co entorno, outro dos requisitos a cumprir, o Náutico vinculouse co Parque Nacional de las Illas Atlánticas, informado aos cidadáns sobre boas prácticas medioambientais, rutas ás praias, instrucións de navegación, control de fondeos…
O Porto Deportivo do Náutico de Vigo entra a formar parte así da privilexiada lista de portos galardoados, na que pódense encontrar tan só 78 portos españois e 5 galegos.

|
Descarga o Poster Informativo |

|
Descarga Información Adicional do Programa Bandera Azul |
|